
|

 |
Bruma, Xestión Ambiental |
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
|
Nombre de la Empresa:
Bruma, Xestión Ambiental
Dirección:
Praza Maior 7, 2º
Código Postal:
32005
Localidad:
Ourense
Provincia:
Ourense
Teléfono:
988 248 828
|
Logotipo:
 |
|
Servicios que ofrecemos:
Consultora ambiental, estudios de impacto ambiental, evaluaciones ambientales estratégicas, desarrollo sostenible, educación ambiental.
Descripción de la empresa:
Dende pequenos desenrolamos unha sensibilidade co entorno que nos rodea, debido a mesma adquirimos os coñecementos precisos para enfocar a nosa vida laboral cara o respecto e a mellora do medio ambiente en xeral e a proposta de solucións ás interaccións da sociedade co medio que as rodea.
A nosa empresa, Bruma Xestión Ambiental, nace no ano 2009 con capital integramente galego na cidade de Ourense.
O núcleo de Bruma esta formado por unha serie de profesionais novos que contan cunha ampla experiencia dentro do sector privado realizando tarefas de Xestión Ambiental, Proxectos de Desenvolvemento Sostible, Asistencia Técnica en Plans, Programas e Proxectos, elaboración de Programas de Educación Ambiental, Proxectos de Enxeñería… tanto no eido público coma no privado.
A nosa misión
Tratamos de ofertar un punto diferente e imaxinativo á solución de tarefas relacionadas co Medio Ambiente dende a nosa experiencia e implicación persoal en todos e cada un dos nosos proxectos. A sustentabilidade, a integración, a innovación, o rigor profesional, o coñecemento da lexislación, a proximidade á Administración e a busca da rendibilidade a largo prazo para os nosos clientes son o eixo dos nosos proxectos. Cada proxecto é único é como tal tomase como un reto profesional, en cada un deles o primeiro será a adecuación ás necesidades dos clientes, propondo ideas novas en relación co sector social, o medio físico, o sector económico e o modo de interacción entre eles.
Unha das nosas premisas é a formación continuada e especializada de tódolos integrantes de Bruma estando deste xeito ao día de tódolos requirimentos empresariais relacionados co medio ambiente e das últimas técnicas para realizar o noso traballo do mellor xeito posible.
|
|
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
|
 |
|
|
|

 |
Novedades |
 |
 |
Nube de etiquetas |
 |
|